Simulacro"Operaci

Simulacro"Operación "Morsa-2008"

Notapor parabólico » 31 May 2008, 01:28

Holas.

Pues el dia 4 del 06-08 vamos a realizar este operativo de Búsqueda y Rescate en el que colaboran:
-Sar(España)
-SRP(Portugal)
-SFRS(Francia)
-DGMM.
- AENA.
-E.A.(Base Aérea de Torrejón)Con movimiento de interceptadores.
_E.T.(U.M.E)
-Cruz Vermella.
-061.
-112
-D.G.P.C(Madrid)
-S.X.P.C.(Servicio de busca e salvamento(Pesca 1 Y 2)
-D.G.G.C.
-INSALUD(C.H.U.S.)
Y algúno más que se haría largo comentar.

Se trata de entrenar el nuevo sistema SIRDEE para Protocolarizar este sistema de comunicaciones en caso de catástrofe aérea.

Se van a mover medios Aéreos,Marítimos,Terrestres y los que que tengan capacidad de respuesta operativa en estas circunstáncias.


Además del Sirdee,también utilizaremos Air Band,Frecuencies for maritimy use y Red Trunking.
Empezamos a las 06:00Z.

El que guste... que afine el scanner :wink: :wink: :wink:

A nosotros,espero que nos salga bien.


Salú2.
Última edición por parabólico el 04 Jun 2008, 16:36, editado 1 vez en total
Avatar de Usuario
parabólico
Aficionado
Aficionado
 
Mensajes: 167
Registrado: 25 Jun 2007, 23:09
Ubicación: N42º47,978 W008º53,773 IN52NT

Re: Simulacro"Operación "Morsa-2008"

Notapor parabólico » 03 Jun 2008, 12:28

Holas ic_r8500:

Perdona no acabo entender tu pregunta :roll:

Oficial??te refieres?? me imagino preguntas eso.

no lo sé.

Yo tengo la mía como parte involucrada, pa info general de la peña, la pongo.


La otra,pue ser,será cuestion de buscar a ver que sae.lo dudo.
Última edición por parabólico el 04 Jun 2008, 16:43, editado 1 vez en total
Avatar de Usuario
parabólico
Aficionado
Aficionado
 
Mensajes: 167
Registrado: 25 Jun 2007, 23:09
Ubicación: N42º47,978 W008º53,773 IN52NT

Re: Simulacro"Operación "Morsa-2008"

Notapor parabólico » 04 Jun 2008, 21:58

O CAE 112 Galicia mobilizou unidades de busca e rescate por terra, asistencia sanitaria, psicólogos e médicos forenses con motivo do simulacro Morsa
O Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia mobilizou en fase de prealerta a 3 parques comarcais de bombeiros e a 26 servizos municipais de Protección Civil, Grumir e Voluntarios, dos cales 5 participaron de forma activa no simulacro Morsa

O CAE 112 Galicia requiriu, ademais, a intervención das unidades caninas da Estrada e os bombeiros de Ferrol e dos servizos sanitarios do 061 e a Cruz Vermella para participar neste exercicio organizado polo Exército do Aire

Desde a sala de operacións habilitouse unha liña telefónica para a atención dos familiares das vítimas e solicitouse a presenza de 8 membros do GIPCE e 4 do IMELGA debido á magnitude do sinistro




Santiago, 4 de xuño de 2008.- O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, da Axencia Galega de Emerxencias, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, coordinou o operativo de busca e resposta por terra das vítimas do suposto accidente aéreo rexistrado a 55 millas da Coruña, que forma parte dun simulacro organizado polo Exército do Aire –o Morsa- e para o que foron mobilizados en fase de prealerta 3 parques comarcais do Consorcio Provincial de Extinción de Incendios e Salvamento da Coruña, 26 servizos municipais de Protección Civil, Grupos de Intervención Rápida e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, das cales 5 participaron de forma activa neste exercicio. Igualmente, o CAE112 Galicia solicitou a intervención de 8 membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), 4 médicos forenses do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA), persoal sanitario do 061 e da Cruz Vermella, 11 guías e 10 cans dos Unidades Caninas dos Grupos de Rescate da Estrada e dos Bombeiros de Ferrol.

O CAE 112 Galicia participou neste exercicio en calidade de Centro de Coordinación Operativo, Sala de Operacións e Centro de Información, encargado de organizar o operativo de busca por terra, atender aos familiares das vítimas e establecer as canles de comunicación necesarias para o contacto permanente entre os organismos implicados neste operativo. Cómpre sinalar que neste simulacro o CAE 112 Galicia converteuse nun número de referencia para os familiares dos supostos feridos, pois habilitouse unha liña telefónica na que podían recibir información actualizada.

Por outra banda, a Dirección Xeral de Protección Civil instalou no aeródromo de Santiago de Compostela un Posto de Mando Avanzado (PMA), para a coordinación dos equipos de busca desprazados no lugar do sinistro e a localización das supostas vítimas. O PMA estaba formado por 5 técnicos, que, ao mesmo tempo, desprazaron 2 vehículos todo terreo de apoio.

Igualmente, o CAE 112 Galicia mobilizou ao persoal sanitario do 061 e a Cruz Vermella, que instalou no lugar un pequeno hospital de campaña para a atención das vítimas do accidente. Tamén se desprazaron ao aeródromo de Santiago de Compostela 4 médicos forenses do Instituto de Medicina Legal de Galicia -2 eran médicos especializados en Psicoloxía e Psiquiatría forense e 2 en Patoloxía- e 8 psicólogos do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, tras coñecer as dimensións do accidente. O CAE 112 Galicia mobilizou, ademais, o seu helicóptero con base en Conxo como apoio aos equipos sanitarios e para o traslado dos supostos feridos aos centros hospitalarios de referencia. En total, contabilizáronse, ademais de tres supostos mortos, 3 feridos leves e 2 graves-moi graves.

A busca por terra requiriu a intervención das unidades do Grupo de Cans de rescate da Estrada e do Grupo de Cans de Salvamento de Galicia, con base en Ferrol. En total, participaron no exercicio 11 guías e 10 exemplares. A coordinación do operativo por áreas levouse a cabo con 5 vehículos todo terreo e 26 membros das agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. Tamén se contou coa colaboración do Servizo Galego de Gardacostas.

No que se refire á operación de busca e rescate, os Exércitos do Aire de España e Portugal mobilizaron un Aviocar Portugal e un Helicóptero Puma Sar na área de Vimianzo, un Helicóptero Guardia Civil en Coristanco, Helicóptero Portugal en Muxía, Helicóptero da Policía Nacional en Santa Comba e un Helicóptero da Consellería de Pesca en Noia.

Suposto accidente dun helicóptero con 8 tripulantes
O exercicio consistiu na desaparición dun helicóptero con oito persoas a bordo, que realizaba un voo dende A Coruña a León. A última posición coñecida da citada aeronave foi a 55 millas da Coruña, onde comunicou un fallo no motor e o seu regreso á base. O RCC Madrid, isto é, o Centro Coordinador do Servizo de Busca e Salvamento do Exército do Aire -que dirixiu este exercicio- iniciou as xestións oportunas cos servizos de tránsito aéreo e a Axencia COSPAS/SARSAT para a localización da aeronave e o traslado dos posibles feridos. Asemade, activou o plan de alerta e transferiu o control operativo dos medios ao vehículo SAR (Servizo de Busca e Salvamento do Exército do Aire) despregado para o efecto nas instalacións do aeródromo de Santiago de Compostela.

Dende o Posto de Mando Avanzado de Protección Civil, encargado da coordinación dos grupos de acción despregados en terra para a busca dos supostos feridos, designouse a un coordinador de área, que á súa vez funcionou de enlace co PMA, mediante a comunicación SIRDEE (Sistema de Radiocomunicacións de Emerxencias do Estado), e o RCC Director do Exercicio, para o seguimento da emerxencia.

As unidades caninas do Grupo de Cans de Rescate (GCR) da Estrada e a agrupación de Cans de Rescate de Galicia (CASAGA) con base en Ferrol actuaron nun radio de 70.000 metros cadrados entre as áreas de Noia e Santa Comba, concretamente, a 250 metros da estrada Boiro-Noia, CP 1105, onde foron localizadas dúas vítimas do suposto sinistro. Tratábase dun entorno de difícil acceso, rochoso e vexetación densa.

Os medios aéreos procederon ao traslado dos feridos ao aeródromo de Santiago de Compostela, onde foron atendidos polo Servizo de Urxencias Médicas de Galicia (Fundación 061) e a Cruz Vermella e trasladados, nalgúns casos, aos centros de referencia, polo helicóptero do 112 Galicia con base no Hospital Provincial de Conxo.

No aeródromo de Santiago de Compostela, atopábanse tamén catro membros do IMELGA que, xunto coa Policía Científica, procederon á recollida de datos para a posterior identificación e recoñecemento dos cadáveres por parte dos familiares. Igualmente, se desprazaron a este punto membros do GIPCE para a atención das persoas afectadas polo suposto accidente aéreo rexistrado a 55 millas da Coruña e do que resultaron falecidos 3 dos 8 tripulantes. Parte deste equipo trasladouse tamén á zona de Santa Comba-Noia, en canto foi alertado da localización de vítimas mortais.

Os membros do Posto de Mando Avanzado instalado no aeródromo de Santiago de Compostela valoraron positivamente o exercicio organizado pola Exército do Aire, especialmente no que se refire ás comunicacións e a coordinación dos grupos de acción que participaron neste simulacro. Igualmente, destacaron a importancia da realización destes exercicios por canto supoñen a posta a proba dos recursos e a loxística que na materia de atención ás emerxencias conta a Xunta de Galicia e a actualización dos protocolos de actuacións que dende o CAE112 Galicia se activan en situacións de graves emerxencias, que non acontecen con frecuencia pero para as que convén estar sempre preparados.

Colaboración co GIPCE e o IMELGA
A Dirección Xeral de Protección Civil asinou no ano 1997 un convenio de colaboración co Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia para a análise e atención das dimensións psicolóxicas dunha catástrofe ou emerxencia. Ademais das persoas afectadas, os psicólogos do GIPCE poderán prestar apoio aos efectivos de rescate e seguridade, se as circunstancias do incidente así o esixisen.

Por outra banda, a cooperación entre o Centro de Atención ás Emerxencias e o IMELGA fundamentase na necesidades de protexer a intimidade, favorecer a identificación, trasladar ao lugar axeitado e darlle o tratamento que prescribe a lei aos cadáveres ou restos mortais de persoas que tiveran sufrido calquera tipo de crise sanitaria, bacteriolóxica, radiolóxica ou alimenticia.

Salú2.
Avatar de Usuario
parabólico
Aficionado
Aficionado
 
Mensajes: 167
Registrado: 25 Jun 2007, 23:09
Ubicación: N42º47,978 W008º53,773 IN52NT


Volver a Galicia

¿Quién está conectado?

Usuarios registrados: Google [Bot]